Ainhoa Lameiro, lista para competir na última Copa do Mundo da Seu D’Urgell!!

Esta fin de semana terá lugar na canle olímpica da Seu D’Urgell (Lérida), a última Copa do Mundo, a cal así mesmo puntuará dobre no ranking IF mundial. Do Penedo Teimporta, a nosa padexeira Ainhoa Lameiro buscará seguir coa boa racha de resultados colleitados nesta tempada xogando esta vez na casa, lembrade que aínda sendo natural de Salceda de Caselas, Ainhoa adestra e vive na Seu D’Urgell. Realizará o seu primeiro descenso mañá venres nas mangas clasificatorios as 14:36.  Así mesmo, Daniel Pérez tamén competirá como abridor da proba realizando o seu descenso o domingo as 8:46.

Non vos podedes perder esta última Copa do Mundo:

Moitísima sorte e toda a forza para Ainhoa e Dani!!

A por todas!!