O Penedo Teimporta volta de Monforte con tres pratas!!

Este domingo tivo en lugar Monforte, nas augas do río Cabe, a IV Copa de Promoción de Slalom desta tempada. Aínda cunha serie de baixas de última hora, os padexeiros do Penedo Teimporta deron o seu máximo nivel obtendo un total de tres metais:

  • Uxía Nayara Cortegoso Mesa realizou unha actuación brillante sendo prata por partida dobre nas categorías C1 MULLER ALEVÍN e K1 MULLER ALEVÍN
  • Kevin Cortegoso Mesa foi prata  na categoría C1 HOME INFANTIL. Tamén destacada actuación en K1 onde finalizou en séptima posición
  • Alicia González dos Santos tamén realizou un bo papel sendo quinta na categoría K1 MULLER BENXAMÍN

Estes resultados permitíronlle ao clube finalizar a proba en 5ª posición!!

As vistas dos máis pequenos xa están postas na Copa de España de Promoción que terá lugar na próxima fin de semana en Dumbría, vémonos alí!!