Tres metais para o Penedo Teimporta na III Copa de España de Sort!!!

Esta fin de semana tivo lugar en Sort a III Copa de España de Slalom Olímpico nas augas do Noguera Pallaresa. Os nosos padexeiros do Penedo Teimporta deron como sempre o seu máximo destacando os seguintes resultados:

  • Daniel Pérez realizou a xesta de obter dous ouros na categoría C1 HOME SENIOR ao lograr imporse tanto na proba do sábado coma no domingo con dúas rapídisimas baixadas.
  • Borja González, así mesmo, levou a cabo tamén unha gran actuación sendo prata tamén na categoría C1 HOME SENIOR na xornada do sábado e quedando moi perto o domingo do podium cun cuarto posto.
  • Valentín Varela, sendo aínda cadete, tamén desempeñou un gran papel conseguindo acceder a final do C1 HOME JUNIOR (9º) o sábado e as finais de C1 HOME JUNIOR e K1 HOME JUNIOR nunha gran xornada.

Estes grandes resultados unidos ao esforzo de todo o equipo do Penedo Teimpora permitiulle ao clube ser 5º na xornada do sábado e 6º na xornada do domingo!!

Noraboa a todos!!