O PENEDO TEIMPORTA É GALARDOADO NA I GALA DO DEPORTE DE SALCEDA!!

O pasado venres 16 de novembro tivo lugar a I GALA DO DEPORTE DE SALCEDA. Nesta primeira gala recoñeceuse o traballo feito por deportistas, colaboradores e entidades deportivas ao longo non só desta tempada, senón de tódolos anos anteriores nos que se foi escribindo con letra dourada a historia do deporte de Salceda.

Do Penedo Teimporta, foron galardoados os seguintes palistas:

  • Ainhoa Lameiro Rodríguez como deportista con mellor proxección femenina. Posto que se atopa adetrando na Seu d`Urgell, foi o seu irmán Sergio quen recolleu o galardón. FOTO
  • Laura Fernández Suárez: como deportista femenina. FOTO
  • Brais Caride Rocha: como deportista masculino con maior proxección. FOTO

Ademáis, o PENEDO TEIMPORTA foi mención especial por todos os anos traballados en prol do deporte, sendo tamén recoñecidos todos os grandes deportistas de Salceda que militaron no noso clube como Cristina Dmínguez, Estela Domínguez, Yolanda Barros ou  Carlos ALberto Mendes Rodríguez, o cal puido asistir a gala e recoller o trofeo de mención especial xunto a Marcos Fortes, Juan José Ricón Soliño (Chicho) e Telmo Paramos

Moitas gracias a todos e en especial ao Concello de Salceda de Caselas por este recoñecemento aos nosos deportistas, pasado, presente e futuro do noso clube!!!