Bo comezo do Penedo Teimporta na liga galega de promoción de Slalom!!!

Este domingo tivo lugar no río Pedra, ao seu paso por Tomiño, a I Copa Galega de Promoción de Slalom a que o Club Piragüismo Penedo Teimporta acudiu con Joaquín, Aarón, Valentín, Hugo e Dani Farrapeira.

Na categoría C1 HOME Alevín , Aarón e Valentín conseguiron un grandísimo dobrete. Ademaís, o gran rexistro de 107.81 pts permitiríalle ter a segunda mellor puntuación en C1 infantil. Daniel Farrapeira conseguiu tamén un destacado quinto posto.

Na categoría C1 HOME Infantil Joaquín conseguiu alcanzar o terceiro caixón do pódium mentres que Hugo Barros firmaría un tamén destacado quinto posto.

En K1 HOME Infantil Joaquín e Hugo Barros finalizaron no quinto e sexto lugar da clasificación.

Estos cinco padexeiros conseguiron una importante xesta ao ser quen de traer para casa 4 medallas, tres delas de ouro e un bronce.

Este bo traballo permitiulle ao club subirse ao segundo caixón do pódium na clasificación por clubs!!!!

A próxima cita desta liga será xa o vindeiro domingo na nosa casa. Agardámosvos alí!!!!

Galería Fotos da proba