Esta fin de semana, a Segre Cup constituiu o esceneario no que tiveron lugar os selectivos junior nos cales se determinaron os representantes do equipo nacional para o Mundial Junior e Sub23.
O venres, no canal olímpico da Seu D´Urgell,dispotouse a primeira das dúas competicións do fin de semana. Nela, Ainhoa Lameiro xa mostrou as súas opcións impoñéndose tanto na categoría de C1 JUNIOR coma na de K1 JUNIOR tanto na manga de semifinal coma na final.
En C1 junior, entre os nosos representantes, destacou Daniel Pérez ao finalizar en terceira posición na manga clasificatoria e segundo na final. Miguel Ángel Lorenzo finalizaría en quinta posición mentres que Borja González finalizaría en séptima.
En K1 junior, Iago Varela non tivo o mellor dos seus días e finalizou 26º.
Na xornado do sábado, no canal de Ponts, Ainhoa Lameiro continuou imbatible gañando tanto en C1 como en K1 as dúas mangas.
En C1 junior, Miguel Ángel Lorenzo foi terceiro na manga de semifinal e cuarto na final. Daniel Pérez pola súa banda foi cuarto na semi e terceiro na final. Borja González foi noveno.
En K1 junior, Iago Varela foi quen de redimirse finalizando na final co quinto mellor tempo. Sendo por tanto o mellor cadete.
Tendo en conta as tres mellores mangas das catro disputadas o fin de semana, estes foron os resultados:
- Ainhoa Lameiro finalizou en primeira posición tanto en C1 coma en K1, asegurando a súa presencia para o Mundial e para o Europeo.
- Daniel Pérez finalizou en terceira posición en C1 JUNIOR asegurando a praza para o Mundial sendo aínda cadete.
- Miguel Ángel Lorenzo quedouse as portas do equipo ao finalizar en cuarta posición.
- Borja González finalizou en sexta posición, sendo o segundo cadete máis destacado.
- Iago Varela finalizou pola súa banda en octava posición en K1 JUNIOR. Unha tamén destacada actuación xa que, ao igual que Daniel Pérez e Borja González, aínda e cadete. Entre os cadetes foi o segundo máis rápido.
Un balance moi positivo destes selectivos para o PENEDO TEIMPORTA con dous palistas clasificados para o mundial. Ademáis, os cadetes finalizaron todos entre os tres mellores nas súas respectivas categorías, sinal evidente do gran estado de forma destes!!
Bravo por esta gran actuación nos selectivos de todos os padexeiros do Penedo Teimporta!!!
Agora toca preparar a seguinte cita do calendario que é a Terceira Copa de España a disputar en Ponts, vémonos alí!!!!