Os nosos palistas do Penedo Teimporta acariciaron os postos que dan acceso a seguinte fase selectiva a nivel internacional. Borja González gañou a proba de slalom en c1 seguido moi de preto por Daniel Pérez. Iago Varela pola súa parte conseguiu o segundo posto na categoría de k1 de slalom tamén.
Xa na modalidade de pista Dani, nunha sensacional manga de semifinal conseguiría o cuarto mellor tempo. Borja sufriría un volcó mentres facia a última ciaboga mentres que Iago, tamén nunha gran regata, conseguiría o quinto mellor tempo.
No cómputo, Daniel Pérez empatou con dous palistas de pista, un do Rodeira e outro do Piragüismo Aranjuez. O número de victorias conseguidas fixo decidir o desempate a favor dos de pista relegando ao terceiro posto ao noso palista de Alxén.
Unha gran experiencia para os nosos da que todos desfrutamos!!
Moitas felicidades a Antía e Fátima do Piragüismo Cidade de Pontevedra e moi especialmente a Rosana do Club Tea por teren conseguido a praza!!!
NO Penedo Teimporta non nos rendimos e volveremos a por todas dentro de catro anos aos YOG!!!!
O próximo fin de semana son os selectivos para o equipo Junior na Segre cup que terá lugar na Seu e en Ponts, vémonos alí!!!!