Nova Victoria do Penedo Teimporta!!!!

Este domingo, en Vizela, celebrouse a primeira copa galaico portuguesa desta temporada na que os nosos padexeiros soubéronse adaptar moi ben a nova e esixente canle do rio Vizela.

En k1 cadete masculino Iago varela conseguiu o bronce e un sorprendente Borja González o ouro, En k1 junior Miguel Ángel Lorenzo foi bronce.

En c1 cadete Borja González subiu novamente ao pódium obtendo a prata, mentres que Dani Pérez obteu o ouro facendo dobrete o Club Piraguismo Penedo Teimporta nesta categoría. En c1 junior Miguel Ángel Lorenzo tamén repetiu pódium alcanzando o segundo posto.

Na categoría c1 senior Marcos fortes subiu ao teceiro escano do pódium mentres que na categoría k1 home veterano chicho conseguiu una meritoria segunda plaza.

Un total de oito medallas xunto ao bo traballo feito polo resto de rapaces do club permitíronlle ao Club Piraguismo Penedo Teimporta alzarse novamente coa victoria.

Moitas gracias a todos os colaboradores por apoiarnos e axudarnos a conseguir estes éxitos:

  • Institucións colaboradoras: Concello de Tui, Concello de Salceda, Concello de Salvaterra, Diputación de Pontevedra e Secretaría Xeral para o Deporte
  • Patrocinadores: Telmo Import Te Importa, Thermalia Tui, Silva Paramos, Plastigraphic, Talleres Jeral, Recambios Lodauto, Bar A Capela, Accesorios del Louro, Neumáticos Tonio, Restaurante Bar As Rodas, Esplendor, Empresa Raúl Faldón.

O Penedo Teimporta non para e xa ten as vistas postas no próximo domingo onde os mais pequenos do club inician a tempada, vémonos na auga!!!