O domingo foi o turno da gala do Piragüismo 2017 onde fomos premiados cos seguintes recoñecementos:
– Club campión Galego de Slalom Olímpico
– Club campión Galego de Promoción
– Mellor club de Slalom
– 3º equipo clasificado na liga galega de Kayakpolo
– Subcampionato de España por Autonomías na que varias das nosas padexeiras formaron parte.
Desde o Penedo queremos mostrar o noso agradecemento as institucións como O Concello de Tui, os Concellos de Salceda e Salvaterra, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Pontevedra. Agradecer tamén a colaboración do noso principal colaborador Telmo Import e do resto de colaboradores como son Thermalia, Splendor, Silva y Paramos, Talleres Jeral, Bar as Rodas, Accesorios del Louro, Talleres y Neumáticos Tonio, Raúl Faldón, bar A Capela e Recambios Lodauto.
Tampouco nos quixéramos esquecer por suposto de todos os socios polo gran esfuerzo e traballo feito este ano e sen dúbida, polos nosos deportistas que entrenan duro baixo as instruccions de adestradores como Chicho, Juan, Ekhi e David para alcanzar estes éxitos deportivos dos que nos sentimos tan orgullosos!!!
Toca adestrar duro e seguir traballando para buscar na seguinte tempada novos éxitos!!