Hoxe os nosos peques desprazáronse ata Mondariz para disputar no cauce do río Tea o campionato Galego de Xóvenes Promesas. Unha vez máis foron quen de render ao máximo nivel destacando os seguintes resultados:
Aarón impúxose en C1 Alevín nunha axustada proba e do mesmo xeito Valentín tamén lograría facerse co primeiro posto en k1 Alevín.
Os nosos canoístas volveron brillar ocupando as tres primeiras prazas do pódium con Yoel, Brais e Lito, mentres que este último, repetiría prata tamén na categoría de K1.
Selena a súa vez, foi quen de alcanzar o terceiro posto do pódium en C1 infantil muller.
Nico, Joaquín, Hugo, Dani e Yurena tamén realizaron un gran papel sumando entre todos os puntos necesarios para ser campións galegos!!!!
Moitas gracias a todos e vémonos na auga a próxima tempada!!!!